Así foi Música no claustro 2016. Gracias!




Compromiso co festival das empresas galegas

O Festival Música no claustro deixa unha porta aberta​​ ás empresas privadas que atopan na nosa programación e filosofía unha motivación para sumar esforzos en facer un encontro máis especial e sustentable. Por iso empregamos para elas o termo de empresas galegas protectoras, porque non se trata só dun patrocinador dende unha óptica comercial, senón que entendemos que detrás hai persoas, emocións e un compromiso real por favorecer espazos para a cultura e o disfrute en ... (ler máis)


Os corazóns dos nosos públicos

Como son os nosos públicos? Cal é o seu perfil? Canto público asiste? Que é o que máis valora? Estamos moi afeitos a que nos fagan estas preguntas, as que poderíamos contestar co polivalente depende. O festival está vivo, latexa a diferentes tempos porque son moitos os corazóns que reúne cada noite e porque cada un deles sintoniza nunha ... (ler máis)


Visita do Conselleiro de Cultura

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, asistiu ao concerto de clausura da 12ª edición de Música no claustro, concerto protagonizado pola tudense Sandra Pérez (vibráfono) e o Ernesto Aurignac jazz trio. Recibido polo cóengo Don Ricardo García, o conselleiro estivo estivo acompañado por Rafael Sánchez Bargiela -xerente de Xacobeo- e o equipo de Goberno do Concello de Tui, liderado polo seu alcalde Enrique Cabaleiro. (ler máis)


'Rojo' profundo de México a Cádiz

A grana cochinilla despertou a curiosidade de públicos e xornalistas nesta 12ª edición de Música no claustro. Foi ese insecto, a priori insignificante, unha das claves do mercado entre España e México desde o século XVI. A súa #fortaleza: ser un pigmento vermello de alta ... (ler máis)


Ciclo de novos músicos Connecta Aloia - Dos Acordes

Como é habitual no desenvolvemento de Música no claustro, e mantendo viva a esencia incial do festival, un grupo de novos músicos locais foron os protagonistas da apertura de diferentes concertos. Xunto á colaboración da Escola e o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a editorial Dos Acordes, nesta ocasión sumouse neste compromiso a asociación cultural Galicia Fiddle e a empresa de electrodomésticos tudense Connecta Aloia. (ler máis)


Galicia e Portugal: O segredo do Pergamiño Vindel e a #fortaleza eléctrica de Noiserv

Cruzamos agora un río, o noso río: o Miño. Foi no século XII cando o Reino de Portugal comeza a súa andaina propia, cunha lingua compartida: o galaico-portugués. Esa lingua que Martín Codax musicou no pergamiño atopado fai cen anos polo ... (ler máis)


Artesanía de Galicia: Verónica Moar e Xaneco

As #fortalezas de Música no claustro mostraron por terceiro ano consecutivo un achegamento á Artesanía de Galicia no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui. Destacou a rápida inscrición dos participantes a estas residencias artísticas participativas mentorizadas por Verónica Moar (cerámica) e Xaneco (instrumentos de percusión), completándose as 10 plazas de ambos os talleres. Recibimos a visita de Sol Vázquez -directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia- nunha das xornadas de traballo. (ler máis)


Homenaxe 'Amor e vida pola música' a Moisés Suárez Quintas

A 12ª edición de Música no claustro comezou coa nosa homenaxe 'amor e vida pola música'. O noso recoñecemento público dunha persoa que día a día traballa na edición, creación e difusión da cultura musical da nosa contorna: Moisés Quintas Suárez. (ler máis)


Unha nova colaboración especial: AIEnRUTa

A 12ª edición de Música no claustro contou cunha nova colaboración especial: da man de AIE -Sociedad Española de Artistas Intérpretes y/o Ejecutantes, o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o saxofonista malagueño Ernesto Aurginac Trío mostraron as fortalezas da música clásica e o jazz no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui. (ler máis)


Unha 12ª edición 'al rojo vivo'

Do 3 ao 7 de agosto abrimos as #fortalezas da catedral de Tui coma contedor e coma contido de cinco concertos, dous talleres de artesanía, actividades para nenos, visitas guiadas á cidade medieval e un insecto: a grana cochinilla. Unha edición que parte da fortaleza sagrada para navegar por auga doce ata Portugal e por salgada ata México. (ler máis)



This entry was posted on domingo, 18 de septiembre de 2016. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.