Presentación no Museo Nacional de Escultura

Samuel Diz, director artístico de Música no claustro
O 14 de xuño presentamos a XIII edición de Música no claustro no Museo Nacional de Escultura (Valladolid). Un conxunto de #reencontros que comezaron ao carón do sepulcro do bispo de Tui Diego de Avellaneda, unha destacada creación escultórica do renacemento español.

María Bolaños Atienza, directora do Museo deu a benvida xunto ao subdirector e xefe do departamento de coleccións Manuel Arias, quen nos explicou o sepulcro do bispo Diego de Avellaneda, acompañados do Deán da Catedral de Tui D. José Diéguez Dieppa.

Samuel Diz, director de Música no claustro e comisario do programa temático "Diego de Avellaneda" presentou a XIII edición de Música no claustro, seguido do concerto de apertura De profundis: de Cabezón a Gubaidulina do acordeonista serbio Nikola Tanaskovic.

María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura

Manuel Arias, subdirector e xefe do departamento de coleccións

Nikola Tanaskovic, protagonista do concerto De profundis: de Cabezón a Gubaidulina

This entry was posted on sábado, 19 de mayo de 2018. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.