DOMINGO 5 // Concerto "13 cancións bonitas". A estrea do novo proxecto de Germán Díaz e Benxamín Otero

© José Luis Puértolas. Música no claustro 2013

Domingo, 5 de agosto (21.30 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui

GERMÁN DÍAZ e BENXAMÍN OTERO
13 cancións bonitas

Entre finais do século XIX e principios do XX -parello á recuperación do patrimonio monumental que atendeu ao sepulcro de Avellaneda- existiu un especial interese na recompilación do cancioneiro popular español de tradición oral.

Música no claustro convídanos ao reencontro co zanfonista Germán Díaz, gran coñecedor e divulgador deste legado musical, que presenta, xunto a Benxamín Otero, unha escolma de trece melodías evocadoras, transfiguradas nunha das linguaxes máis creativas da escena contemporánea galega.

Un dúo de óboe e instrumentos mecánicos que lle dá vida neste novo proxecto ás ruedas castellanas do Cancioneiro de Olmeda, aos cantos galegos recollidos por José Inzenga ou ao tradicional Romance de Santa Catalina.