Prensa

PROTOCOLO COVID-19
MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Os medios de comunicación interesados en cubrir a XIV edición de Música no claustro deberán de solicitar a súa presenza no festival, preferentemente, entre 24 e 48 horas previas a súa chegada no teléfono +34 627 505 777.

Informarán das necesidades técnicas e de espazo, coa finalidade de asegurarlles un lugar con visibilidade que favoreza o desenvolvemento do seu traballo e a distancia de seguridade co público e artistas, así como a non interferencia dos seus equipos nos lugares de acceso e saída de persoas.

Será obrigatorio o uso de máscara, así como a desinfección das mans con xel hidroalcohólico á chegada ao recinto.

A persoa deberá de permanecer sentada na cadeira asignada, ou, se fose o caso, deberá de permanecer na área asignada e limitada pola organización para o desenvolvemento do seu traballo.