COVID-19: Como asistir a un concerto?


MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA O PÚBLICO


O seguinte protocolo fai do claustro gótico da Catedral de Tui un lugar seguro frente á COVID-19.





INSCRICIÓN PREVIA AOS CONCERTOS

Aínda que o acceso aos concertos será gratuíto, as persoas interesadas deberán de inscribirse previamente para asistir a cada concerto para o control do aforamento limitado a 60 localidades. 

A inscrición será por vía teléfonica, tomando o nome, apelidos e teléfono da persoa interesada, así como a confirmación de que a persoa coñece as medidas publicadas na web. Si a persoa non visitara anteriormente a web, a organización facilitaralle estas medidas vía telefónica.

A reserva realizarase no día anterior a cada concerto concerto no teléfono +34.621.358.118, en horario de 10h a 14h. A persoa interesada poderá reservar ata un máximo de 3 localidades, aportando os nomes de cada persoa acompañante.

A inscrición implica a aceptación de todas as condicións aquí publicadas e expostas, como condición de admisión ao festival.

As persoas con mobilidade reducida avisarán previamente a organización na súa inscrición teléfonica. Facilitarase o acceso ao monumento de forma prioritaria e garantizarase unha zona adaptada ás súas necesidades durante o concerto.

Os menores de seis anos poderán desfrutar do concerto no colo dun adulto ou carriño, sen ocupación de localidade. No caso de asistir con carriño será preciso informar con antelación á organización.

Igualmente, unha vez inscrita, a persoa recibirá no seu teléfono unha mensaxe, ou no caso de que ese dispositivo non reciba mensaxes, un correo electrónico, coas medidas de seguridade e hixiénicas obrigatorias para o acceso aos concertos. Indicaráselles que no caso de que presenten síntomas (febre superior a 37,5º, sensación de falta de alento e tose) non acudan ao evento e avisen á organización. Ademais, deben poñerse en contacto coas autoridades sanitarias e seguir as súas instrucións.



PROTOCOLO DE ENTRADA E SAÍDA DO CLAUSTRO, AFORO REDUCIDO, COLOCACIÓN DO PÚBLICO E USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA.

O acceso ao Claustro gótico da Catedral de Tui farase dende a Praza de San Fernando, comezando o acceso 30 minutos antes do inicio do concerto, antelación suficiente para permitir un acceso escalonado. Recomendarase manter a distancia de 1,5 metros entre cada persoa ou grupo convivinte, evitando as aglomeracións. Será preciso respetar a disposición establecida e indicada pola organización para a formación da cola de entrada. Na Praza de San Fernando haberá persoal de información e xestión de públicos, xunto ás medidas de seguridade e hixiénicas visibles para todo o público.

10 minutos antes do comezo do concerto as inscricións que non asistan serán anuladas e postas a disposición doutras persoas.


Si as persoas solicitantes non acudisen ao concerto sen avisar previamente no teléfono +34.621.358.118, a organización resérvase o dereito de non volver permitir a reserva desas persoas.

A máscara será de uso obrigatorio no acceso ao claustro, durante os concertos e na saída do claustro. Lembraremos o seu uso obrigatorio nas medidas informativas.

Respectarase a vida útil da máscara, de acordo coas indicaciones do fabricante. Cambiarase a máscara axiña cando se humedeza e non se reutilizarán as dun só uso. Non se deberá colocar en posición de espera na fronte ou debaixo do queixo.

Quedarían excluidos do uso de máscara os menores de 6 anos e as persoas que poidan acreditar que presentan algún tipo de enfermidade ou angustia respiratoria que pode agravarse polo uso da máscara ou que, debido á súa discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara ou presenten alteracións de conduta que fagan inviable o seu uso.

Evitarase calquera saúdo con contacto físico, incluído o dar a man.

Pola seguridade sanitaria tomarase a temperatura ao público, de forma aleatoria, coma medida obrigatoria para acceder ao monumento. Indicaráselles que no caso de que presenten síntomas (febre superior a 37,5º ou sensación de falta de alento e tose) deben poñerse en contacto coas autoridades sanitarias e seguir as súas instruciónss, non poidendo acceder ao monumento.

O control de aforamento e inscricións realizarase na entrada ao monumento a través do persoal de xestión de públicos, que dará acceso e saída ao público ao claustro. Garantirase en todo momento o aforamento permitido de 60 localidades. No caso de chegar ao máximo de aforamento permitido impedirase a entrada ao monumento.

Balizarase, na medida do posible, para que os públicos poidan manter a distancia mínima recomendada de 1,5 metros. Estableceranse as vías de circulación, as entradas e saídas para conseguir que os fluxos de persoas circulen nun só sentido, evitando o cruce entre elas e permitindo, na medida do posible, a distancia de seguridade mínima de 1,5 metros.

O acceso ao claustro será escalonado, sendo obrigatorio a ocupación das cadeiras asignadas seguindo as indicacións do personal da organización, que será dende a primeira fila (zona máis alonxada da entrada) ata a última (zona máis cercana a entrada), sendo a saída á finalización do concerto ao revés, da última fila á primeira.

A hixiene de mans é a principal medida de prevención e control de infección. Disporemos de xel hidroalcohólico a disposición dos públicos, en adecuadas condicións de uso e nunha zona estratéxica na entrada e saída do claustro. Será obrigatorio hixienizar as mans no momento de acceder ao evento. 

As cadeiras estarán colocadas para o desfrute do concerto antes do inicio de acceso de públicos ao claustro, garantindo a seguridade de distanciamento recomendada.

O público distribuirase en dúas galerías do claustro, en cadeiras individuais. Realizarase unha sectorización do público nas dúas galerías do claustro, permitindo reducir o contacto entre grupos e a posibilidade de trazabilizar os posibles afectados para o seu control en caso de aparecer algún contaxio posterior.

Estará completamente prohibido o consumo de alimentos e fumar, incluidos cigarros electrónicos, en todo o recinto.

O público tan só poderá permanecer no claustro sentado na cadeira asignada, non estando permitido o desfrute do concerto de pé ou tomando asento en calquera outro lugar do monumento. Igualmente, si a persoa abandona por calquera razón o concerto, non poderá volver a entrar, nin a súa cadeira poderá voltar a ser ocupada por outra persoa.

Os adultos que acompañen aos menores de idade garantirán que estes respecten as normas indicadas aquí indicadas e expostas. Os menores, maiores de seis anos, terán que ocupar a súa cadeira propia, coas mesmas indicacións e obrigas que para un adulto. Os menores de seis anos poderán desfrutar do concerto no colo dun adulto ou carriño, sen ocupación de localidade. No caso de asistir con carriño será preciso informar con antelación á organización.

Disporase de papeleiras ou colectores habilitados con tapa, bolsa recambiable e con accionamento non manual, para tirar calquera refugallo de hixiene persoal, especialmente, os panos desbotables ou máscaras.

Disporase dun botiquín hixienizado de primeiros auxilios con utensilios, produtos e doses, na medida do posible, de uso individual.

A porta do claustro estará en todo momento aberta, tanto na entrada, durante o concerto e á saída, para o que público non teña que tocar a porta para acceder ao concerto ou á súa saída.

Non existirá ningún tipo de publicidade, programa ou folleto físico. Toda a información vinculada ao festival, programa de concerto, etc. estará publicada nesta web.

Non se deberán compartir dispositivos con outros asistentes, excepto que compartan o mesmo domicilio.

Seguindo as directrices marcadas para os visitantes da Catedral, o público de Música no claustro non terá baños dispoñibles no monumento.

O tempo de permanencia no evento será o estrictamente necesario para o acceso ao recinto, a realización do concerto e a saída do recinto, evitándose demoras innecesarias.

Respetaranse en todo momento as normas de seguridade establecidas para o evento e as indicacións do persoal da organización. No caso de que algunha persoa non respecte ditas normas será convidada a abandonar o evento.

No caso dalgunha anomalía por parte do público, comunicarase á empresa de seguridade, ou no seu defecto, porase en coñecemento das autoridades competentes.



DURANTE O CONCERTO

Ademais de respectar as medidas técnicas, organizativas e de protección ata agora expostas, establecerase un perímetro cercado de, polo menos, 3 metros de distancia entre o escenario e o público. En ningún caso se permitirá o acceso de persoas do público ao escenario.

O público non poderá ter contacto co artista.

Comunicaranse, de novo, as medidas de seguridade ao inicio de cada concerto por megafonía.

O público deberá permanecer na cadeira asignada, coa máscara posta, en todo momento.




O festival Música no claustro ten realizado unha serie de previsións para a realización da XIV edición, do 1 ao 7 de agosto de 2020, que dea garantías de seguridade hixiénica e prevención sanitaria frente á COVID-19. Tomamos como base para a realización deste documento:

- As resolucións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia do 12 de xuño, 25 de xuño e 17 de xullo de 2020, publicadas no DOG o 13 de xuño, 27 de xuño e 18 de xullo.
- O “Plan de continxencia – Crisis – Covid-19” da Catedral de Tui, realizado por VOCCES, empresa que xestiona o servizo de visitas turísticas do templo.
- Unha serie de decisións propias da organización en aspectos vinculados de forma directa á natureza do evento e do espazo.

* Estas medidas poderán ser actualizadas con calquera nova regulación publicada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ou calquera outra nova regulación de carácter municipal, provincial ou estatal.

* Última actualización: 26 de xullo de 2020