LUNS 6 // Percorrido "Caricias en braille" coa ONCE



Luns, 6 de agosto (18 h) · Entrada libre
Catedral de Tui

CARICIAS EN BRAILLE
Itinerario artístico-escultórico adaptado a persoas con discapacidade visual

A XIII edición de Música no claustro convida por vez primeira a un encontro e diálogo de persoas con e sen discapacidade visual. Unha experiencia na que se poden tocar diferentes obras do legado artístico da Catedral de Tui e descubrir a través do tacto os diferentes materiais e as texturas da escultura. Un itinerario de 90 minutos de duración que finaliza no propio obradoiro de imaxinería castelá que se desenvolve no claustro, coa descuberta das formas e dos aromas das ferramentas, das madeiras e dos tintes naturais.

// En colaboración coa ONCE