RESONANCIAS 22
4 de agosto. Catedral de Tui
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Música no Claustro convoca a segunda edición do foro profesional de instrumentos musicais o xoves 4 de agosto na Catedral de Tui. Dende unha perspectiva patrimonial e intersectorial, RESONANCIAS 22 dá continuidade a temas tratados na anterior edición, como a investigación, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais históricos, xunto ao desenvolvemento e innovación nas técnicas e materiais de construción.
En paralelo, RESONANCIAS 22 formula novos temas de debate e reflexión que nacen das oportunidades na simbiose do tecido profesional musical e artesán, na igualdade de xénero nos obradoiros de construción de instrumentos musicais ou na certificación e regularización da formación e profesionalización dos oficios artesanais. Un programa comisariado polo músico e investigador Samuel Diz.
Co apoio da Xunta de Galicia, a través da
FUNDACIÓN PÚBLICA ARTESANÍA DE GALICIA
Coa colaboración da Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais LABRA, o Museo Catedralicio Diocesano TUDE, o Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo; así como do Concello de Tui, a través da Concellaría de Cultura e Ensino; a Junta de Andalucía, a través do Centro Albayzín de Referencia Nacional da Artesanía; a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal – XERA, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia – CIS, e a Dirección Xeral de Cultura; e o Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais.
PARA QUEN
Destinado a perfís vencellados aos oficios artesanais e a construción de instrumentos musicais.
Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e conservación de coleccións e institucións museísticas. Profesionais da industria musical e outras empresas transversais.
Estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte, ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.
CANDO E ONDE
No claustro medieval da Catedral de Tui, o xoves 4 de agosto de 2022.
COMO INSCRIBIRSE
Inscrición a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia
Prezo xeral: 30€ / Prezo reducido: 15€ *
Número máximo: 50 persoas
* para obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
OBXECTIVOS DO FORO
Intercambiar experiencias, coñecementos profesionais e crear sinerxias nun tecido artesán disperso promovendo un lugar de encontro profesional en Galicia.
Motivar o movemento asociativo profesional e o intercambio de necesidades e demandas entre o gremio artesán e o sector musical.
Impulsar a I+D+i intersectorial na construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais.
Tratar os instrumentos musicais e os oficios coma elementos de identidade cultural e patrimonial, a igualdade de xénero nos obradoiros artesanais e a oportunidade de mercado, acorde aos obxectivos da Axenda 2030.
9h30 Café de benvida e dinámicas de presentacións profesionais
Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal - XERAFrancisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia - CIS-MadeiraJosé Catoira, artesán
12h30 PAUSA CAFÉ
13h Conferencia e encontro con Antonio Suárez Martín, director do Centro Albayzín: Escola de formación profesional do Servicio Andaluz de Empleo e Centro de Referencia Nacional de Artesanía. ► Vídeo en Youtube
14h XANTAR
16h30 Conferencia e encontro con Elena Vázquez, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte. ► Vídeo en Youtube
17h30 Sería posible construír unha musette en Galicia? Encontro con Nadia Vázquez Martínez, intérprete e investigadora musical pola LUCA School of Arts - Campus Lemmens (Bélxica).► Vídeo en Youtube
18h Estudo e restauración do óboe barroco Thomas Stanesby Senior da Catedral de Tui: Oli Xiráldez, artesán e David Garrido, oboísta. ► Vídeo en Youtube
Ana Fariña, artesá
Julia Marín Ramírez, artesá
Saínza Seivane, artesá
Olga Nogueira, profesora e activista cultural
19h30 DESCANSO, PASEO, CEA ...