4 e 5 de agosto de 2021
Claustro gótico da Catedral de Tui
#RESONANCIAS 21
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia

Música no claustro convoca na Catedral de Tui o foro profesional de instrumentos musicais #RESONANCIAS. Dende unha perspectiva interdisciplinar e patrimonial, levamos a atención á investigación e documentación, así como á innovación das técnicas de construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais. Este encontro achega a profesionalización e divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico. Un programa comisariado por Samuel Diz.
Para quen?
Destinado a perfís vencellados aos oficios artesanais e construción de instrumentos musicais. Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e da conservación en coleccións e institucións museísticas. Industria musical e outras empresas transversais.
Estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte, ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.
Cando e onde?
No claustro gótico da Catedral de Tui, o mércores 4 e o xoves 5 de agosto de 2021.
Como inscribirse?
Inscrición a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia (inscrición pechada)
Prezo xeral: 50€
Prezo reducido para obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: 20€
Número máximo de inscricións: 30 persoas
Cales son os obxectivos do foro?
Intercambiar coñecementos profesionais e crear sinerxias nun tecido artesán disperso promovendo un lugar de encontro profesional en Galicia.
Tratar patrimonialmente os instrumentos musicais e os oficios coma elementos de identidade cultural e oportunidade de mercado, acorde aos obxectivos da Axenda 2030.
Profundizar e impulsar a investigación e innovación científica na construción, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais.
MÉRCORES, 4 de AGOSTO
9.30h ::: Entrega de acreditacións.
10.00h ::: Benvida e dinámica de presentacións profesionais.
BLOQUE 1 :::
INNOVACIÓN DESDE A TRADICIÓN
10.45h ::: Xaneco ::: Percusións de man con novos sistemas de tensión.
11.15h ::: Pablo Sánchez Otero ::: A plantilla de Torres como base de construción da guitarra.
11.45h ::: Héctor Salgado ::: Fuxir do esquecemento. Aproximación ao pandeiro cadrado das Frieiras.
12.15h a 12.45h ::: Pausa :::
12.45h ::: Xosé Manuel Gil, Antón Corral e Ramón Corral ::: Novos punteiros graves para novas inquedanzas musicais.
13.15h ::: Mesa redonda ::: O EMPREGO DE MADEIRAS GALEGAS
BLOQUE 2 :::
ICONOGRAFÍA MUSICAL E TECIDO ARTÍSTICO
16.30h ::: Isabel Rei Samartim ::: Representacións iconográficas dos instrumentos de corda pulsada no patrimonio monumental galego.
17.00h ::: Xermán Arias ::: Unha interpretación das violas ovais do Pórtico da Gloria.
17.30h ::: Suso Vila ::: A música descoñecida do capitel románico da Catedral de Tui.
18h ::: Conversa con Anxo Pintos e Begoña Riobó ::: ARTESÁNS E INTÉRPRETES, UNHA RELACIÓN SIMBIÓTICA.
18.45h ::: Sara Quintana ::: Percorrido polos retablos barrocos da Catedral de Tui.
XOVES, 5 de AGOSTO

BLOQUE 3 :::
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NOS MUSEOS
10.00h ::: Régis Floury ::: A conservación dos valores tecnolóxicos e funcionais dos instrumentos musicais nos museos.
10.45h ::: Elena Vázquez ::: Contextos lexislativos dos instrumentos musicais.
11.15h ::: Jose Catoira ::: A recuperación dos violíns de Andrés Gaos.
11.45h ::: Natalia Fraguas ::: A colección permanente de instrumentos musicais do Museo de Pontevedra.
12.15h a 12.45h ::: Pausa :::
12.45h ::: Samuel Diz ::: A guitarra de Lorca, un instrumento vivo.
13.15h ::: Mesa redonda ::: O TRATAMENTO DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS NAS COLECCIÓNS MUSEÍSTICAS.

BLOQUE 4 :::
PROFESIONALIZACIÓN E DIVULGACIÓN DOS OFICIOS ARTESANAIS
16.30h ::: Belén Bermejo e Andrés Díaz ::: Catalogación e divulgación dos órganos de Galicia.
17.15h ::: Fran Rodríguez ::: Aportacións artesanais na construción dunha guitarra eléctrica.
17.45h ::: Álvaro Seivane e Xosé Manuel Sánchez Rei ::: Xosé Manuel Seivane no centenario do seu nacemento: A gaita con maiúscula.
18.15h ::: Elena Fabeiro ::: Facemos marca. Artesanía de Galicia.
18.45h ::: Mesa redonda ::: OS SABERES E OFICIOS. RETOS E OPORTUNIDADES DE MERCADO NO HORIZONTE DA AXENDA 2030.
19.30h ::: Despedida