XOVES 9 // Presentación de libro "De Granada a Galicia, a primeira viaxe de estudos de García Lorca"

© Óscar Cela

Xoves, 9 de agosto (20 h) · Entrada libre
En Ideas Peregrinas (rúa da Porta da Pía, 1)

PRESENTACIÓN DE LIBRO EN IDEAS PEREGRINAS
De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García Lorca

En outubro de 1916, o músico con alma de poeta, Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia canda os seus compañeiros da Universidade de Granada. Unha viaxe de estudos dirixida polo mestre Berrueta da que naceu o seu primeiro libro Impresiones y paisajes. Cen anos despois, a editora Alvarellos recupera o texto de Luis Mariscal, compañeiro de estudos de García Lorca, que nos brinda un testemuño único desta viaxe pola terra de Rosalía.

O espazo tudense Ideas Peregrinas ofrece nun ambiente fresco e relaxado este encontro con Henrique Alvarellos, quen estivo ao coidado da edición, e coa historiadora da arte Carla Fernández, quen nos ilustra sobre os monumentos visitados na viaxe de García Lorca e sobre o urbanismo galego do momento.