VENRES 7.AGO.20 // Concerto "Quiero cantarte" de Miryam Latrece Quartet



Venres, 7 de agosto (21.30 h)
Claustro da Catedral de Tui
Aforamento reducido *
Inscrición previa *

MYRIAM LATRECE QUARTET
Quiero cantarte

--------------

Finalizamos a XIV edición de Música no claustro cunha viaxe por diferentes culturas e influencias musicais coa cantante e compositora Miryam Latrece (Madrid, 1991), presentando o seu segundo traballo discográfico "Quiero cantarte".

Unha escolma de cancións coas que quixo facer unha homenaxe a compositores e artistas que admira e que encheron a súa vida con música. Un disco gravado xunto a Marco Mezquida (piano), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Michael Oliva (batería).

Miryam Latrece ofrece este concerto en Tui no marco do ciclo AIEnRUTa-Jazz, un programa que ten achegado anteriormente a Música no claustro os concertos de Ernesto Aurignac Trío e Eva Fernández Trío.