Os guitarristas Gonçalo Cordeiro (Lisboa 1986) e Samuel Diz (Tui 1986) atopáronse no Conservatorio Superior de Música de Sevilla, na aula da concertista francesa Gaëlle Solal. Despois de que os seus camiños tomasen rumbos diversos, reencóntranse neste concerto de apertura Música no claustro, nunha XIV edición marcada pola pandemia da COVID-19.
Un concerto que reflexiona sobre a apertura e peche de fronteiras, cun repertorio escrito ao longo de varios séculos a ambas beiras do Miño e centrado, especialmente, na obra do compositor portugués António Fragoso, falecido prematuramente na pandemia de 1918.
Mentras que Samuel Diz está traballando nunha nova gravación audiovisual do esquecido patrimonio musical galego para guitarra, a transcripción é un dos xéneros máis habituais do repertorio de Gonçalo Cordeiro, quen nos presentará os seus arranxos das "Sonatas para tecla" de Carlos Seixas (Coimbra, 1704 – 1742), editadas recentemente en Editions Fougeray.
Fóra dos escenarios encontrámonos a Manuel Lópes Andrade, un caboverdiano de personalidade delicada e introspectiva nado en 1973 na illa de Santiago. No escenario, a música transforma a súa introspección nun abano de estilos musicais que beben da súas orixes en Cabo Verde e se fusionan coas influencias do pop africano, do jazz ou do blues.
Un concerto cheo de enerxía no que Tcheka fará un percorrido pola súa discografía, especialmente polo seu disco “Boka Kafé”, nun encontro entre a súa voz e a súa guitarra, o instrumento que o ten acompañado en festivais e teatros de todo o mundo.
Residente en Portugal, Tcheka chegará a Música no claustro da man de Learn Africa, unha organización non-profit, liderada por Johnny Fernandes, que traballa na búsqueda de recursos e o desenvolvemento de programas de formación artística en África, ao mesmo tempo que promociona as ricas tradicións musicais e artísticas do continente.
A revista Nós presentaba en 1920, nun artigo de Jaime Quintanilla, a relación da música relixiosa e popular na construcción do “Nazonalismo musical galego”.
No centenario desta emblemática publicación recibimos en Música no claustro a FAIA co seu debut en solitario “Ao Cabo Leirín”, unha escolma de cantigas tradicionais nas que reivindica o rural e as costumes da cultura popular galega. Unha homenaxe a súa terra natal, Os Ancares, xunto ao óboe, corno inglés e caixiñas de música de Benxamín Otero.
FAIA é o testimonio da tradición oral galega transmitida por mulleres, esa tradición que bebeu escoitando os ensaios de Fuxan os ventos dende o berce. I é que, como Francisca Herrera e Garrido compartiu no artigo “A Muller Galega” (Nós, 1921), “A muller en Galiza; rica ou pobre; serva ou señora; leva o sentimento n-a y-alma; n-a fala; n-os ollos!”
O apoio aos novos talentos foi a esencia coa que naceu Música no claustro no ano 2005, da man do coéngo don Ricardo García (1929-2017). Un compromiso que mantemos vivo en cada edición coa ilusión e a enerxía das novas xeracións musicais galegas.
En 2018, a acordeonista Noelia González (Carballedo, Lugo, 1995) foi a proposta gañadora do ciclo de novos talentos. Agora preséntase como solista, nun recital dedicado á música escrita orixinalmente para o acordeón, coma instrumento de concerto, a partir da segunda metade do século XX.
Noelia González comezou a tocar o acordeón aos seis anos, estudando no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, no Conservatorio Superior de A Coruña e no Conservatorio Superior de Aragón. Actualmente exerce como profesora de acordeón do Conservatorio Profesional de Música de Melide.
A clavecinista Inés Moreno (Madrid 1995) achéganos a Música no claustro un recital no que explora as conexións e diálogos musicais entre España, Italia, Portugal, Alemaña e Austria ao longo de 250 anos.
Un programa deseñado con composicións orixinais para tecla, ou arranxos, de autores como Diego Ortiz, Antonio de Cabezón, Johann Sebastian Bach, Domenico Scarlatti, Antonio Soler ou Joseph Haydn, así coma unha escolma de compositores máis descoñecidos como Elias Nikolaus Ammerbach, Bernardo Storace ou o navarro Sebastián de Albero, organista da Capela Real en Madrid ata o seu falecemento en 1756.
Inés Moreno vive dende os 17 anos en Suiza, país no que continúa perfeccionando os seus coñecementos musicais na prestixiosa Schola Cantorum Basiliensis co clavecinista, organista e director Andrea Marcon. En 2018 foi seleccionada por Juventudes Musicales coma a proposta máis destacada nas novas xeracións da música antiga en España e agora recibímola en Música no claustro no marco do ciclo AIEnRUTa-Clásicos.
PROGRAMA
Diego Ortiz (ca. 1510 - ca. 1576)
Recercada Séptima sobre la Romanesca
Recercada Segunda sobre el Passamezzo moderno
Tratado de glosas sobre clausulas y otros géneros de puntos en la música de violones, Roma 1553
Antonio de Cabezón (1510 - 1566)
Diferencias sobre el canto del caballero
Obras de Musica para tecla, arpa y vihuela, 1578
Luys Venegas de Henestrosa (ca. 1510 - ca. 1557)
Cinco Diferencias sobre Vacas
Libro de Cifra Nueva para Tecla, Arpa y Vihuela, Alcalá de Henares 1557
****
Johann Sebastian Bach (1685 - 1750)
Concierto en Do mayor, BWV 976: Allegro - Largo - Allegro
A partir del Concierto en Mi Mayor op. 3 Nr. 12 (RV 265) para Violín, cuerdas y bajo continuo de Antonio Vivaldi
****
Sebastián de Albero (1722 - 1756)
Recercata, Fuga y Sonata en Re: Recercata Prima (Ad libitum) - Fuga Prima (Allegro) - Sonata Prima (Allegro)
Obras para Clavicordio o Piano Forte de Sebastián Albero Holograph manuscript, n.d. Biblioteca del Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (E-Mc): 4/1727(2)
Domenico Scarlatti (1685 - 1757)
Fandango en Re menor
Padre Antonio Soler (1729 - 1783)
Sonata no 48 en Modo dórico (Allegro)
****
Joseph Haydn (1732 - 1809)
Sonata in D, Hob.XVI: 37: Allegro con brio - Largo e sostenuto - Finale: presto ma non troppo
O guitarrista Sergio Alonso (Tui 1998), o saxofonista Lois Rivera (A Coruña 1999) e o contrabaixista Miguel Piñeiro (A Pobra do Caramiñal 1999) formaron no Conservatorio Superior de Música da Coruña o Gara Jazz Quartet, agrupación á que ao pouco tempo se uniu Andrea González (Tomiño 1995), estudante de batería no Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona.
No compromiso de Música no claustro polas novas xeracións musicais galegas e ante a imposibilidade de convocar unha nova convocatoria do Premio Novos Talentos, convidámoslles ao reencontro no escenario tras estes meses de confinamento nas súas casas.
Un concerto no que queren compartir as cancións e melodías que lles axudaron, día a día, a seguir tocando e estudando na soidade das súas casas. Pequenos tesouros que noutros momentos lles parecían tan pouco e agora significan tanto.
Finalizamos a XIV edición de Música no claustro cunha viaxe por diferentes culturas e influencias musicais coa cantante e compositora Miryam Latrece (Madrid, 1991), presentando o seu segundo traballo discográfico "Quiero cantarte".
Unha escolma de cancións coas que quixo facer unha homenaxe a compositores e artistas que admira e que encheron a súa vida con música. Un disco gravado xunto a Marco Mezquida (piano), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Michael Oliva (batería).
Miryam Latrece ofrece este concerto en Tui no marco do ciclo AIEnRUTa-Jazz, un programa que ten achegado anteriormente a Música no claustro os concertos de Ernesto Aurignac Trío e Eva Fernández Trío.
Música no claustro Festival de música, patrimonio e creación
Catedral de Tui. Praza de San Fernando s/n 36700 Tui (Pontevedra, Galicia - España)
contacto@musicanoclaustro.com