Sala Capitular do Claustro Gótico
Acceso libre
O antropólogo Rafael Quintía compartirá mesa neste coloquio coa nosa protagonista de artesanía de Galicia, Susi Gesto, para afondar na relación da ourivería co Barroco, e as vinculacións históricas e culturais entre as xoias e a muller, así coma o mundo da xoia como elemento simbólico.
Susi Gesto compartiranos a súa forma de traballar, do mesmo xeito como se leva facendo durante máis de mil anos no noso país. Coñeceremos a esencia dos seus sábados de alquimia e o aporte que fai dende a súa feminidade a un oficio historicamente protagonizado por homes.
➤ http://asombradebouzapanda.wordpress.com/
➤ http://asombradebouzapanda.wordpress.com/