ENCONTRO-COLOQUIO RAFAEL QUINTÍA E SUSI GESTO

Sábado 9 ás 20.30h.
Sala Capitular do Claustro Gótico
Acceso libre

O antropólogo Rafael Quintía compartirá mesa neste coloquio coa nosa protagonista de artesanía de Galicia, Susi Gesto, para afondar na relación da ourivería co Barroco, e as vinculacións históricas e culturais entre as xoias e a muller, así coma o mundo da xoia como elemento simbólico. Susi Gesto compartiranos a súa forma de traballar, do mesmo xeito como se leva facendo durante máis de mil anos no noso país. Coñeceremos a esencia dos seus sábados de alquimia e o aporte que fai dende a súa feminidade a un oficio historicamente protagonizado por homes.

➤ http://asombradebouzapanda.wordpress.com/




This entry was posted on sábado, 26 de julio de 2014 and is filed under ,,,. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0. Responses are currently closed.