
Dende Música no Claustro, participamos nestas Xornadas -que acadan a súa XIV edición- presentando o podcast RESONANCIAS. Este contido naceu do foro profesional de instrumentos musicais Resonancias, impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, e en 2025 publicamos a cuarta tempada nas principais plataformas dixitais, alcanzando os 50 capítulos grazas ao patrocinio da Axencia Galega da Industria Forestal e da Unión Europea a través dos fondos Next Generation.


Comezamos a nosa presentación en Segovia preguntando quen escoita podcast? cando? como? e para que? co obxectivo de coñecer os hábitos de consumo de persoas moi próximas aos contidos do podcast Resonancias. E esta enquisa serviu para confirmar a importancia de ampliar a difusión do proxecto nun número maior de plataformas, como Ivoox.
O podcast Resonancias, dirixido por Beatriz Fontán, contempla a cadea de valor dos instrumentos musicais, dende a súa materia prima -sendo o emprego de madeiras locais un tema recorrente- ata as prácticas interpretativas e artísticas, o mercado e comercialización, ou a misión dos museos na conservación e divulgación das colección organolóxicas.
En Segovia reencontramos a Elena Vázquez, do Ministerio de Cultura; e a Dani García de la Cuesta, membro da xunta directiva de Instrumenta, quen teñen participado en edicións previas do foro Resonancias. E por último, no marco do V aniversario da Catedral de Segovia, asistimos a un concerto da organista Montserrat Torrent -quen actuou en Música no Claustro 2012- e desfrutamos dunha visita ao campanario e ao órgano da catedral segoviana.



