MARTES 7 // Concerto "Pajarillos fugitivos: canciones españolas fuera de casa" do arxentino Jonatan Alvarado

© Gertjan Vos

Martes, 7 de agosto (21.30 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui

JONATAN ALVARADO
Pajarillos fugitivos: canciones españolas fuera de casa

Coa súa natural frescura, a medio camiño entre as esferas do “popular” e do “académico”, o cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado preséntanos un conxunto de cancións de orixes diversas, unidas por sutís fíos narrativos, poéticos e musicais. Cancións organizadas en cinco grupos temáticos que se alternan como os paneis brillantes e refinados dun retablo renacentista.

Entre estas orixes destaca o Codex Zuola, un manuscrito colonial barroco descuberto no primeiro terzo do século XX. Entre as súas cancións atopamos a que lle dá título a este concerto e a recente publicación discográfica de Jonatan Alvarado: Pajarillos fugitivos.