4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
XERMÁN ARIAS ::: Sarria (Lugo)
presenta Unha interpretación das violas ovais do Pórtico da Gloria
Na Catedral de Santiago están representadas seis violas ovais, o que nos mostra a importancia do instrumento na Idade Media. Xermán Arias (Arxemil) realiza, desde o seu obradoiro en Sarria, unha interpretación persoal da iconografía musical destes instrumentos que responden a parámetros morfolóxicos parecidos, reflexionando sobre as técnicas de construción antigas e o emprego de madeiras da zona.
www.arxemil.com
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.