4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
RÉGIS FLOURY ::: Gondomar (Pontevedra)
presenta A conservación dos valores tecnolóxicos e funcionais dos instrumentos musicais nos museos
A conservación integral dos instrumentos musicais nos museos entra en conflicto coa deontoloxía da restauración e preservación patrimonial. Como solución, Régis Floury propón un cambio de paradigma desde o coñecemento e aplicación das técnicas de fabricación antigas. Formado no Institut National du Patrimoine, a súa actividade profesional céntrase nas institucións museísticas francesas desde o seu obradoiro ubicado en Gondomar (Pontevedra).
www.regisfloury.com
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.