4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEihwjzn47ZGyEJpifSEPIyozeGOTmSF_5bEYgIByb1hdHvzqi40eumq5Qaf4lKDWDO7b7JQM4ot6ukBONGHgBc6SY_WI3YFjYznK02eFHAw4aePmH2bula1UCQ_e7mbuD25vjxGHrSs3hk-/w640-h640/Cristina_Ramirez_web.jpg)
CRISTINA RAMÍREZ ::: Madrid
participa na mesa redonda Os saberes e os oficios. Retos e oportunidades de mercado no horizonte da Axenda 2030
Construír un instrumento é manter viva a herdanza dunha cultura. A transformación do saber en oficio é unha oportunidade laboral e ao mesmo tempo a proxección dunha identidade, misións principais da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Pechamos este foro profesional cunha mesa redonda na que participan Gaitas Seivane e Guitarras Ramírez, dous obradoiros familiares de longa duración que salvagardan un valioso patrimonio inmaterial.
www.guitarrasramirez.com
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiaF2MIqGI8aQjo70XN28ctHCYxxjrQ27ZkeY4ZGG4VfP75fxWm2mB2ngWuBaFkdJwtF1wE-bXfYiferbX4ERqBVrEWOaQ3ujD-4MIbvu40Z2RvhA6ShXExGJM4yoWcdARNLc2pI-9KkmQz/w137-h54/logo-guitarras-ramirez-black.png)
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2F4kfVbsRUiuYQaomKNkGTWC3Q0l_jFyeMgun8-btNLO8znf6P8Oxc9WbBIqUmM5vmxzlyaUU9s7o7oJxUCJ-A2kjsRXp2TTF2XUiEDBEIImGRNKO6yBbVuj8AuAn7ciOw5jukum_Fq6l/w339-h22/Logos+foro.jpg)