XOVES 6.AGO.20 // Concerto "Tesouros do confinamento" de Gara Jazz Quartet




Xoves, 6 de agosto (21.30 h)
Claustro da Catedral de Tui
Aforamento reducido *
Inscrición previa *

GARA JAZZ QUARTET
Tesouros do confinamento

--------------

O guitarrista Sergio Alonso (Tui 1998), o saxofonista Lois Rivera (A Coruña 1999) e o contrabaixista Miguel Piñeiro (A Pobra do Caramiñal 1999) formaron no Conservatorio Superior de Música da Coruña o Gara Jazz Quartet, agrupación á que ao pouco tempo se uniu Andrea González (Tomiño 1995), estudante de batería  no Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona.


No compromiso de Música no claustro polas novas xeracións musicais galegas e ante a imposibilidade de convocar unha nova convocatoria do Premio Novos Talentos, convidámoslles ao reencontro no escenario tras estes meses de confinamento nas súas casas.

Un concerto no que queren compartir as cancións e melodías que lles axudaron, día a día, a seguir tocando e estudando na soidade das súas casas. Pequenos tesouros que noutros momentos lles parecían tan pouco e agora significan tanto.