MARTES 4.AGO.20 // Conversa "Joaquín Díez-Canedo. 80 anos dunha fuxida polo Miño" con Aurora Díez-Canedo



Martes, 4 de agosto
Conversa dixital
Publicación na canle de youtube do festival *

AURORA DÍEZ-CANEDO
Joaquín Díez-Canedo. 80 anos dunha fuxida polo Miño

--------------


[...] Aquí estuvieron en casa [Pablo] Neruda, casi recién llegado del Chile con Delia [del Carril], tu tocayo Regler (que me contó te vió en Washington) y otros distinguidos antifascistas, entre ellos León Felipe, que si antes estaba como una cabra está ahora como diez rebaños de esa especie de cuadrípedos. Hablamos de ti, bien por cierto, y de todos los amigos habidos y por haber, por cierto bastante bien. Pero lo que tú no sabes es que mi hermano Joaquín está aquí con nosotros. El 31 de julio salió de Madrid, con Isidro Sánchez Covisa a quien creo recordarás. Fueron a Vigo y de allí por medio de contrabandistas sordomudos y de otra serie de combinaciones, se pasaron Portugal, de Lisboa tuvimos cable y a los 28 días fuimos a esperar en Veracruz la llegada del vapor Portugués QUANZA en el que llegaron. [...]

Fragmento dunha carta de Enrique Díez-Canedo ao compositor Gustavo Durán 
Cidade de México, 3 de novembro de 1940


Nos primeiros días de agosto de 1940 o editor Joaquín Díez-Canedo fuxía, entre a vida e a morte, da represión franquista polo Miño cara a Lisboa, cidade da que partiría ao seu exilio mexicano.

En México fundaría a Editorial Mortiz, empresa de destacada calidade literaria e coidado deseño das súas publicacións. Ao mesmo tempo, o importante número das súas impresións e os seus prezos asequibles fixeron que os seus títulos chegasen a todas as casas mexicanas.

Falaremos coa súa filla, Aurora Díez-Canedo, Doutora en Historia e Investigadora do Centro de Estudos Literarios da UNAM, quen nos achegará a faciana máis humana deste editor universal.