LUNS 3.AGO.20 // Concerto "Ao cabo leirín" por Faia e Benxamín Otero



Luns, 3 de agosto (21.30 h)
Claustro da Catedral de Tui
Aforamento reducido *
Inscrición previa *
LOCALIDADES ESGOTADAS (actualización)


FAIA E BENXAMÍN OTERO
Ao cabo leirín

--------------

A revista Nós presentaba en 1920, nun artigo de Jaime Quintanilla, a relación da música relixiosa e popular na construcción do “Nazonalismo musical galego”.

No centenario desta emblemática publicación recibimos en Música no claustro a FAIA co seu debut en solitario “Ao Cabo Leirín”, unha escolma de cantigas tradicionais nas que reivindica o rural e as costumes da cultura popular galega. Unha homenaxe a súa terra natal, Os Ancares, xunto ao óboe, corno inglés e caixiñas de música de Benxamín Otero.

FAIA é o testimonio da tradición oral galega transmitida por mulleres, esa tradición que bebeu escoitando os ensaios de Fuxan os ventos dende o berce. I é que, como Francisca Herrera e Garrido compartiu no artigo “A Muller Galega” (Nós, 1921), “A muller en Galiza; rica ou pobre; serva ou señora; leva o sentimento n-a y-alma; n-a fala; n-os ollos!”