MARTES 7 // Conversa "Os segredos da imaxinería castelá" con Miguel Ángel Tapia




Martes, 7 de agosto (20.15 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui

CONVERSA CON MIGUEL ÁNGEL TAPIA
Os segredos da imaxinería castelá

Na nosa visita ao Museo Nacional de Escultura descubrimos as fascinantes obras de Alonso Berruguete ou do galego Gregorio Fernández, dous nomes propios da Escola Castelá que tivo á cidade de Valladolid como epicentro no século XVI.

Da man do imaxineiro Miguel Ángel Tapia, experto recoñecido na continuidade da Escola Castelá, realizamos un taller intensivo de 32 horas de duración. Un curso que nos ofrece a posibilidade de traballar os conceptos básicos da anatomía na escultura tradicional de base relixiosa e as técnicas en talla de madeira, así como os dourados, os estofados e as policromías con materiais naturais.

Como peche ao taller de artesanía e a través das obras traballadas nel, Miguel Ángel Tapia comparte con nós, de forma pedagóxica, os procesos de construción na imaxinería castelá, nunha conferencia aberta ao público.


TALLER DE ARTESANÍA
Imaxinería castelá

Do sábado 4 ao martes 7 de agosto, de 10.30 a 14.30 h e de 16.30 h a 20.30 h
12 participantes · Matrícula de 50 € para artesáns ou artesás inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, ou de 75 € para o resto de persoas participantes. Inscrición en artesaniadegalicia.xunta.gal.

// Co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia e CEARCAL, Centro Regional de Artesanía Castilla y León