RESONANCIAS 26. Guitarra, son de madeira galega


RESONANCIAS® 26 acolleu na Catedral de Tui a primeira acción de GUITARRA, SON DE MADEIRA GALEGA, unha nova mirada sobre a madeira galega como recurso para a innovación, a creación contemporánea e a valorización de instrumentos musicais.

Co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal, GUITARRA, SON DE MADEIRA GALEGA presenta un proceso interdisciplinar dirixido por Samuel Diz que integra investigación, lutería, música e artesanía, documentación audiovisual e mediación cultural baixo a coordinación de Beatriz Fontán.



LABORATORIO ABERTO DE LUTERÍA

O 6 de agosto, os lutieres Jose Catoira e Pablo Sánchez Otero, integrantes de LABORATORIO DE CORDAS, presentaron o proceso de selección das madeiras galegas e os criterios iniciais para o deseño e construción dunha guitarra.

Esta actividade contou coa participación de Alfredo Fernández Ríos, director da Axencia Galega da Industria Forestal, e permitiu ao público coñecer de primeira man o inicio do proxecto, convertendo Música no Claustro nun espazo de mediación e sensibilización entre o coñecemento especializado e a cidadanía.