XOVES 9.08.18 // Música de cámara. Ciclo de novos intérpretes



Xoves, 9 de agosto (21.30 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui

CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES
A ilusión e a enerxía da nova xeración musical galega mantén vivo o compromiso e a memoria de D. Ricardo García (1929-2017) en Música no claustro. Estas catro propostas, seleccionadas nun proceso aberto, recibirán un conxunto de partituras da editorial Dos Acordes. Tras a actuación, o festival ofreceralle á proposta máis destacada unha bolsa de apoio ao seu desenvolvemento musical e artístico que finalizará cun concerto na seguinte edición de Música no claustro.




CARLOS PUGA
Vila de Cruces, 1993

Realiza estudos de percusión na Banda Artística de Merza e na ESMAE do Porto. Actualmente atópase en residencia no Conservatoire National Supérieur de Musique et Danse de Lyon (Artist Diploma), onde traballa co percusionista Jean Geoffroy.

K. Stockhausen (1928 - 2007)
Vibraelufa

Ben Wahlund (n.1977)
The Whimsical Nature of Small Particle Physics

Iannis Xenakis (1922 - 2001)
Rebonds A






JULIA CARO TRIGO
Santiago de Compostela, 1994

Realiza estudos de violoncello no CMUS Profesional de Santiago de Compostela, no CMUS de Aragón e na Musikene de San Sebastián. Actualmente continúa a súa formación con Asier Polo e forma parte da Xove Orquestra Gustav Mahler (GMJO).

Gaspar Cassadó (1897 – 1966)
Suite para Cello: Preludio - fantasía

Johann S. Bach (1685 - 1750)
Suite para Cello no.6: Allemande

Gaspar Cassadó
Suite para Cello: Intermezzo e Danza finale





NOELIA GONZÁLEZ
Carballedo, 1995

Realiza estudos de acordeón no CMUS Profesional de Ourense e no CMUS Superior de A Coruña co profesor Fernando Fraga. Actualmente realiza o derradeiro curso de grao superior no CMUS de Aragón (CSMA) en Zaragoza baixo as ensinanzas de Ander Telleria.

Johann S. Bach (1685 - 1750)
Preludio e Fuga en Do#M BWV 872

Sofia Gubaidulina (n.1931)
Sonata Et Exspecto





QUINTETO ENTRERÍAS

Estudantado de música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Os seus integrantes son: Óscar Rial Salgueiro, trompeta. Meaño, 1998. Desirée Gómez Bouzada, trompeta. Tomiño, 1997. Ainara González Gómez, trompa. Marín, 1998. Hugo Fernández Oliveira, trombón. Salceda de Caselas, 1996. Víctor Amorín Fernández, tuba Budiño, O Porriño, 1995.

Èugene Bozza (1905-1991)
Sonatina (movementos 1 e 4)

Enrique Crespo (n.1941)
Suite Americana: I Ragtime. II Zamba Gaucha. III Vals Peruano

Sonny Kompanek (n.1949)
Killer Tango