
A Misa medieval de San Telmo. Recuperación sonora dos vestixios musicais da S.I. Catedral de Tui polo ensemble Seconda Pratica.
Seconda Pratica é un ensemble de música antiga con sede nos Países Baixos que busca atopar unha voz moderna para a música do pasado. O seu principal obxectivo é romper a fenda entre a investigación, a interpretación e o público, traendo o patrimonio musical histórico á actualidade para revitalizado como experiencia vital compartida.
Seconda Pratica foi o primeiro ensemble beneficiario do programa europeo EEEmerging, ten actuado nos principais festivais de música antiga como Festival d'Ambronay, Utrecht Early Music Festival, Innsbrucker Festwochen der Alten Musik ou o Internationale Händel-Festspiele Göttingen. O seu último traballo discográfico está dedicado á música de Josquin des Prez e foi dirixido pola medievalista Rebecca Stewart.
A formación elexida para este concerto está formada por Sofia Pedro, soprano; Tim Braithwaite, contralto; Jonatan Alvarado, tenor, e Nuno Atalaia, baixo.
COMO ASISTIR AO CONCERTO?
▪️ Acceso gratuíto por orde de chegada e recomendado para persoas adultas
▪️ Capacidade máxima para 300 persoas, cun 25% do aforamento con visibilidade reducida
▪️ Abrimos as portas de acceso aos públicos ás 17 horas
▪️ Solicitamos non reservar localidades na cola ou no interior do templo
▪️ O concerto será gravado, polo que solicitamos silencio durante a duración do mesmo
▪️ Non se permite a entrada unha vez comezado o concerto e as persoas deberán permanecer sentadas durante a duración do mesmo
▪️ A duración aproximada do concerto será de 75 minutos
▪️ Recomendamos o uso responsable de máscara nun compromiso coas persoas de maior vulnerabilidade e ante a imposibilidade de manter unha distancia interpersoal de 1,5 metros
▪️ O concerto terá unha duración duns 75 minutos
▪️ Non está permitido comer nin beber no interior do templo
▪️ Non hai baños dispoñibles no interior do templo durante o concerto
▪️ Dispomos de acceso dispoñible para persoas con mobilidade reducida