LUNS 3.AGO.20 // Conversa "Tui na Revista Nós" con Rafael Sánchez Bargiela


Luns, 3 de agosto
Conversa dixital
Publicación na canle de youtube do festival *

RAFAEL SÁNCHEZ BARGIELA
Tui na Revista Nós



--------------


[…] Fai tempo que as Irmandades da Fala tiñan mentes de crear unha boa Editorial Galega, sen que s'houbera conseguido nada ata d'agora. Mais hoxe, unhos cantos amigos estamos precurando caladamente polo-o choyo, e moi logo poderemos poñer â disposición das Irmandades e mais de cantos escriban na nosa lingoa a ansiada Editorial, e ademais d'esto, unha nova revista, órgao de sociedade, e que levará o título de NÓS. Formarán no corpo de redacción o gran dibuxante Castelao, o poeta Cabanillas e valiosos elementos das Irmandades e de fóra. O arquitecto Palacios, o exministro Leonardo Rodríguez, o Bispo de Tuy, o profesor Viqueira, colaborarán n'ela. Pubricarase en Ourense e designáronme pr'â dirección. […]

Fragmento dunha carta de Vicente Risco ao escritor portugués Teixeira de Pascoaes. 
Ourense, 30 do mes de Santiago [xullo] de 1920



No centenario da Revista Nós conversaremos co historiador Rafael Sánchez Bargiela sobre a presenza de Tui e os tudenses nunha das publicacións máis emblemáticas e destacadas da cultura galega.

A primeira tradución ao galego de Quod nihil scitur do filósofo Francisco Sánchez, a relación co Bispo de Tui Manuel Lago Gónzalez, ou a aportación de Manuel Fernández Costas á publicación, serán algúns dos principias temas, xunto ao compromiso pola cultura castrexa e o patrimonio monumental eclesiástico.

Rafael Sánchez Bargiela é técnico do arquivo, biblioteca e museo do Concello de Tui, e membro do Instituto de Estudos Tudenses.