O 27 de xullo presentamos Música no Claustro 22

 




O vindeiro 27 de xullo publicamos o programa de concertos e actividades da XVI edición de Música no Claustro, do 1 ao 7 de agosto no claustro medieval da Catedral de Tui.

En paralelo, o xoves 4 de agosto terá lugar RESONANCIAS 22, a segunda edición do foro profesional de instrumentos musicais destinado ao gremio artesá de construción de instrumentos, a artistas e intérpretes, profesionais da xestión cultural e da conservación en coleccións e institucións museísticas. Tamén para estudantes e profesorado de ámbito académico en áreas de musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte, ou xestión do patrimonio cultural, así como disciplinas técnicas de enxeñaría.