MÉRCORES 6.AGO. 21h ✦ CLARA PEYA ··· „Solilòquia"

Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45


© Fotografía de MAría Alzamora



✦ Mércores, 6 de agosto, 21h
Solilòquia
Piano

 CLARA PEYA 

Clara Peya é unha pianista e compositora catalá en procura continua dunha identidade propia, dunha música comprometida que fai caer calquera barreira. Sen renunciar a nada, a artista defende que a arte é a ferramenta máis poderosa de transformación social que existe.

Música no Claustro acolle a presentación en Galicia do seu novo álbum Solilòquia (Allau 2025). Un traballo íntimo, no que explora o encontro con ela mesma, a música coma terapia de saúde mental, co silencio fronte á „sobreestimulación de información, de cousas que nos perdemos, somos 'multitarefa' para chegar a fin de mes e acabamos estando medio presentes nos lugares, cando o aquí e o agora é o único que temos" (El Periódico, 21 de abril de 2025).

A improvisación é unha das linguaxes nas que Clara Peya se atopa cómoda, expandindo a súa música a numerosas colaboracións con artistas, unha ampla nómina na que nos quedan moi próximos os discos Inmersion (2019) ou Roibén (2022) de Guadi Galego.···