MARTES 5.AGO. 21h ✦ RAQUEL AREAL ··· De Tui á Berliner Philharmoniker

Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45


© Fotografía de Belén Ferrer Thuillier


✦ Martes, 5 de agosto, 21h
Concerto
Coa participación da pianista Karla Martínez Rabanal

✦ Mércores, 6 de agosto, 12h15
Foro profesional de artesanía e instrumentos musicais Resonancias®
Conversa con María Casado, coordinadora do programa MUSAE de música nos museos do Ministerio de Cultura. Actividade baixo inscrición

 RAQUEL AREAL 

En xaneiro de 2025, a violinista tudense Raquel Areal gañou praza na Filharmónica de Berlín. Un fito da música en Galicia, ao converterse na primeira persoa de orixe galega en alcanzar este logro. Un éxito acadado aos 25 anos que se suma a una sólida traxectoria que comezou na Escola de Música de Tui.

Hoxe, Raquel Areal regresa a Música no Claustro para ofrecer un concerto ao carón da pianista cubana Karla Martínez Rabanal cunha selección de pezas que nos achegan ao París da primeiras décadas do século XX con obras de Lili Boulanger, Claude Debussy ou Maurice Ravel. En paralelo, una visión transatlántica co arxentino Astor Piazzolla, a estadounidense Amy Beach ou a cubana Gisela Hernández, unha das compositoras que formou parte do Lyceum Club de La Habana, institución clave no desenvolvemento de oportunidades para as mulleres en Cuba na que tamén destacou a galega María Muñoz de Quevedo.

Karla Martínez Rabanal (La Habana, 1988) é profesora no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde compaxina a docencia coa súa actividade artística. En 2022 publicou o disco Cuba: piano contemporáneo (Calle 440) ···




PROGRAMA

Lili Boulanger (París, 1893 ··· Mézy-sur-Seine, 1918)
Nocturne

Claude Debussy (Saint-Germain-en-Laye, 1862 ··· París, 1918)
Sonata para violín y piano en sol menor, L.140
I.- Allegro vivo
II.- Intermède: Fantasque et léger
III.- Finale: Très animé

Serguéi Prokófiev (Sontsivka, 1891 ··· Moscú, 1953)
Sonata no.2 para violín e piano, Op.94bis: Presto

Astor Piazzolla (Mar de Plata, 1921 ··· Buenos Aires, 1992)
Historia del tango: Café 1930

Gisela Hernández (Cárdenas, 1912 ··· La Habana, 1971)
Toque de clave
* Solo de piano

Amy Beach (New Hampshire, 1867 ··· Nova York, 1944)
Romance Op.23

Maurice Ravel (Ciboure, 1875 ··· París, 1937)
Tzigane M.76