XOVES 7.AGO. 21h ✦ MON-PUO ··· Solo de violoncello: Kodály, Cassadó e improvisacións

Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45





✦ Xoves, 7 de agosto, 21h
Solo de violoncello
Obras de Kodály, Cassadó e improvisacións

 MON-PUO 

Fillo dunha familia de artistas de Taiwán, Mon-Puo naceu en Madrid e na actualidade reside en Berlín. A través do seu instrumento, o violoncello, Mon-Puo reflexiona sobre a súa identidade, sobre a procura dunha orixe verdadeira, dunha esencia que debe aprender a cambiar de forma nun mundo que xamais deixa de transformarse. Virtuosismo e creatividade que mergullan na idea da repetición na arte como resposta, e través dela buscar o sinxelo no complexo e o cotiá.

Cunha formación exquisita, Mon-Puo gañou concursos en Corea do Sur, Rumanía, Austria, Letonia, Armenia ou China. En resposta ao seu talento e as súas contribucións á música clásica foi recoñecido como „Embaixador de Cultura" de Taiwán.

Mon-Puo pecha Música no Claustro 25 cun solo de violoncello no que explora a Sonata en Si menor, Op.8 de Zoltán Kodály (Hungría, 1882-1967) ou a Suite para cello solo de Gaspar Cassadó (Barcelona, 1897 - Madrid, 1966), en paralelo a improvisacións e melodías que convidan a reflexionar de forma conxunta sobre o valor e riqueza das identidades ···

Actualizadión: 7 de agosto




PROGRAMA

Thomas Demenga (Berna, 1954)
EFEU

Gaspar Cassadó (Barcelona, 1897 ··· Madrid, 1966))
Suite Para Cello Solo
Intermezzo y Danza Final

Canción popular e improvisación

Zoltán Kodály (Hungría, 1882 ··· 1967)
Sonata en Si menor, Op.8
I. Allegro maestoso ma appassionato
II. Adagio (con grand' espressione)
III. Allegro molto vivace