LUNS 4.AGO. 21h ✦ MARÍA TORO. Cuarteto Jazz ··· „Mestura"

Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45





✦ Luns, 4 de agosto, 21h
Mestura
Coa participación de Toño Miguel (contrabaixo), David Sancho (piano e teclados) e Andrés Litwin (batería)

 MARÍA TORO 

Mestura é o novo traballo da frautista María Toro, unha conversa entre o jazz, o flamenco, a música popular brasileira e o folclore de Galicia. Unha unión de culturas, un berro universal dende a raiceira.

Unha travesía que comeza na súa Galicia natal e percorre identidades e vivencias persoais en Madrid, Suíza, Nova York ou Rio de Janeiro. Unha encrucillada de culturas na que conta coa participación de Toño Miguel ao contrabaixo, David Sancho ao piano e teclados, e Andrés Litwin á batería.

Música no Claustro presenta un adianto deste traballo discográfico en formato cuarteto, tras a súa recente presentación na Sala Villanos de Madrid e a estrea completa no Teatro Colón da Coruña a finais de ano. Un concerto que se suma á estima de artistas que teñen confiando no festival como punto de partida de novos proxectos: dende Galicia con Faia e Bleuenn Le Friec, Anxo Pintos e Begoña Riobó, Germán Díaz e Benxamín Otero, ou aCadaCanto, así como o adianto na pasada edición do novo traballo discográfico do Trio da Kali de Mali···