DOMINGO 30.NOV.25, 17h30 ✦ SARA AREAL E SAMUEL DIZ: Concerto centenario




Catedral de Tui
Domingo, 30 de novembro, 17h30
Entrada libre

 CONCERTO CENTENARIO 

Os músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz lideran o concerto de apertura do oitavo centenario da consagración da Catedral de Tui acollendo a intérpretes e compositores de Europa e América. Un diálogo que parte do legado de San Telmo na illa de Porto Rico, coa interpretación de Os fogos de San Telmo de Hermelindo Ruiz Mestre, nunha formación de cámara baixo a batuta do recoñecido mestre portorriqueño Roselín Pabón.

Unha celebración musical a través dos séculos, coas Sonatas da Chiesa para trío de cordas do compositor barroco Arcangelo Corelli e a aria festiva «Laudamus te» da Gran Misa en Do menor, K.427, de W. A. Mozart na voz da soprano Elsa Roldán.

Este aniversario motiva a nova creación de Fernando Buide del Real, un dos compositores máis destacados e activos da escena contemporánea. Catedral atlántica é o título desta partitura para violín e guitarra, unha estrea absoluta a cargo de Sara Areal e Samuel Diz que abre unha conmemoración histórica que nos remonta ao 30 de novembro de 1225.

Sara Areal, violín
Diana Poghosyan, violín
Luigi Mazzucato, viola
Raúl Mirás, violonchelo
David Collazo, percusión
Elsa Roldán, soprano
Hermelindo Ruiz Mestre, guitarra
Samuel Diz, guitarra
Roselín Pabón, dirección


PROGRAMA

Arcangelo Corelli (Italia, 1653 - 1713)
Sonata da Chiesa, Op. 3, núm. 2
I.- Grave
II.- Allegro
III.- Adagio
IV.- Allegro

Arcangelo Corelli
Sonata da Chiesa, Op. 1, núm. 3
I.- Grave
II.- Allegro
III.- Adagio
IV.- Allegro

Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela, 1980)
Catedral atlántica, para violín e guitarra. Estrea absoluta
I.- Ocaso
II.- Nocturna
III.- Albor

W. A. Mozart (Austria, 1756 - 1791)
Gran Misa en Do menor, K.427
«Laudamus te». Elsa Roldán (soprano)

Hermelindo Ruiz Mestre (Porto Rico, 1987)
Os fogos de San Telmo, concerto para dúas guitarras e ensemble
I.- Maestoso, ano 1503
II.- Padroeiro dos mariñeiros
III.- Tormenta e canto medieval da Catedral de Tui
IV.- Ás pontes de San Telmo
V.- Os fogos de San Telmo

· · ·

Beatriz Fontán, produción
Mar Font, produción
Isaac Palacín, son
Gore Vázquez, foto

Concerto organizado polo Concello de Tui
Agracemento á mecenas portorriqueña Laura Saavedra de Carro no seu compromiso e apoio na creación e difusión da obra Os fogos de San Telmo.