Conversa na praza da fachada románica da Catedral de Tui, 19h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
As persoas asistentes dende o inicio da conversa teñen acceso prioritario ao concerto das 21h de Guadi Galego, Vic Moliner e Iago Carro Cribeiro

Xoves, 6 de agosto, 19h
Proxecto I+D+i «Guitarra, son de madeira galega»
Conversa
JOSE CATOIRA, lutier
PABLO SÁNCHEZ OTERO, guitarreiro
Música no Claustro impulsa no Espazo lutier Resonancias o I+D+i «guitarra, son de madeira galega». Un proxecto de investigación e innovación musical para a valoración da madeira galega na construción de instrumentos musicais co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal - XERA.
Na súa primera fase, o proxecto ten como eixo central a construción dunha guitarra elaborada con madeiras galegas por Laboratorio de Cordas, integrado polos lutieres Jose Catoira e Pablo Sánchez Otero, especialistas na investigación aplicada ás especies forestais autóctonas.

