MÉRCORES 5.AGO 21h >< SILVIA MÁRQUEZ CHULILLA E EUGENIA BOIX ··· Música antiga ··· Órgano e voz

Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á Catedral.
Capacidade 300 + 50 con visibilidade reducida



Mércores, 5 de agosto, 21h
Diálogos sacros para voz e órgano
Concerto

 SILVIA MÁRQUEZ, órgano 
 EUGENIA BOIX, voz 

En 2023, o mestre organeiro Gerhard Grenzing regresou á Catedral de Tui nun emotivo reencontro co instrumento que deseñara e construíra en 1995. Naquela ocasión, Música no Claustro programou un concerto da organista Silvia Márquez Chulilla, unha das intérpretes españolas de referencia no ámbito das teclas históricas, que reuniu un numeroso público na Catedral.

Aquel encontro marcou tamén o inicio dunha nova etapa para o órgano. Dende entón, o Cabido catedralicio impulsou importantes tarefas de mantemento e a incorporación dos rexistros sonoros que quedaran pendentes na construción inicial por limitacións orzamentarias. Unha intervención agardada que culminará a finais de 2026, coincidindo coa clausura das celebracións do oitavo centenario da consagración da Catedral de Tui.

Nesta edición, a modo de celebración, Silvia Márquez Chulilla regresa ao festival xunto á soprano Eugenia Boix para presentar Salve Regina, un concerto que, en verbas das propias intérpretes, reúne «algunhas das partituras sacras de maior fermosura para a voz». Obras de G. F. Haendel, John Dowland, F. Correa de Arauxo, J. S. Bach, J. Haydn e F. Mendelssohn dialogan co patrimonio musical conservado no arquivo da Catedral de Tui.


Luns, 3 de agosto, 19h
Órgano en obras. Remate do instrumento no 800 aniversario da Catedral
Conversa de Andreas Fuchs, mestre organeiro do taller Gerhard Grenzing, e Daniel Goberna, prefecto de música da Catedral de Tui, co xornalista Jose Font.

Como actividade complementaria, o xornalista José Font mantén unha conversa entre Andreas Fuchs, mestre organeiro do taller Gerhard Grenzing, e Daniel Goberna, prefecto de Música da Catedral de Tui, sobre o pasado, o presente e o futuro do órgano catedralicio. Este encontro ofrece ao público a oportunidade de coñecer de preto a historia, a construción e os recentes traballos realizados neste instrumento integrado nas históricas caixas barrocas de Domingo Rodríguez de Pazos.



Silvia Márquez Chulilla durante o seu concerto en Música no Claustro 2023





PROGRAMA

Francisco Correa de Arauxo (España, 1583 - 1654)
Tiento e discurso de segundo tono para órgano (Facultad orgánica, Alcalá de Henares, 1626)

John Dowland (Inglaterra, 1563 - 1626)
«If that a sinner’s sighes be Angels foode», de A Pilgrim Solace

John Bull (Inglaterra, 1562/3 - Bélxica, 1628)
Salve Regina (5 versets) MB 40, para órgano

Anónimos do s. XVIII do arquivo da Catedral de Tui
O quot undis lacrimarum BMV perdolentis (Matris dolorosae) (E-TUY 004, 059v-060r)
«Allegro» e «Minueto/Trío» da Sonata en sol do Libro de órgano

Georg Friedrich Haendel (Alemaña, 1685 - Inglaterra, 1759)
Salve Regina (H.W. 38)
Largo-Adagio: «Salve Regina»
Allegro: «Eja ergo advocata nostra»
Adagissimo: «O clemens, o pia»

Johann Sebastian Bach (Alemaña, 1685 - 1750)
«Aus Liebe will mein Heiland sterben» da Paixón segundo San Mateo BWV 244

Johannes Brahms (Alemaña, 1833 - Austria, 1897)
Variacións sobre un tema de Haydn, op. 56 (arr. para órgano: Lionel Rogg)
Coral «San Antonio»: Andante
Var. 1: Andante con moto
Var. 6: Vivace

Felix Mendelssohn Bartholdy (Alemaña, 1809 - 1847)
«Jerusalem», de Paulus, op. 36

Johannes Brahms
Variacións sobre un tema de Haydn, op. 56 (arr. para órgano: Lionel Rogg)
Finale: Andante