LUNS 3.AGO 19h >< ANDREAS FUCHS, DANIEL GOBERNA E JOSE FONT ··· RESONANCIAS ··· Conversa sobre o órgano da Catedral

Conversa na nave central da Catedral de Tui, 19h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa. As persoas asistentes teñen acceso prioritario ao concerto das 21h. de Lítore Quartet
Apertura de portas 18h45



Luns, 3 de agosto, 19h
Órgano en obras. Remate do instrumento no 800 aniversario da Catedral
Conversa

 ANDREAS FUCHS, mestre organeiro 
 DANIEL GOBERNA, prefecto de música da Catedral 
 JOSE FONT, xornalista 

Como actividade complementaria, o xornalista José Font mantén unha conversa entre Andreas Fuchs, mestre organeiro do taller Gerhard Grenzing, e Daniel Goberna, prefecto de Música da Catedral de Tui, sobre o pasado, o presente e o futuro do órgano catedralicio. Este encontro ofrece ao público a oportunidade de coñecer de preto a historia, a construción e os recentes traballos realizados neste instrumento integrado nas históricas caixas barrocas de Domingo Rodríguez de Pazos.